Feeds:
Anotacións
Comentarios

As tropas francesas tamén chegaron ata aquí. A escasa entidade dos núcleos de poboación da zona, favoreceu que a súa presenza fose escasa.

A agricultura é a base da economia de toda a comarca

A Idade Moderna

   Os Reis Católicos converten o señorío de Vilalba en condado. Fanlle doazón del a Diego de Andrade, sucesor de Fernán Pérez “o mozo”, en agradecemento á axuda que lles prestou na toma de Granada e polo seu destacado papel na corte.

   O seguinte en herdar este ben foi o xeneral Fernando de Andrade, con quen remata este señorío. A partir deste momento, co casamento da súa fillla con Fernando Ruiz de Castro, conde de Sarria e Lemos, a casa dos Andrade con tódalas súas posesións pasa á casa de Lemos.

   Estamos en plena época dos pazos, un momento de gloria para as familias fidalgas.

   O dominio e o poder da nobreza é cuestionado. Os intereses da monarquía son evidentes.

   En 1.431 Vilalba sofre a primeira guerra irmandiña. Os veciños toman as armas e sublévanse contra o seu opresor Nuno Freire de Andrade. Os insurrectos destrúen varias propiedades señoriais, entre elas a fortaleza, levantada no século XIII por Rodrigo Sánchez. O castelo será reconstruido.

   Na segunda revolta irmandiña, en 1.467, a fortaleza é destruida novamente. Diego de Andrade obrigará aos vilalbeses a contribuiren á súa reconstrucción e pagalos danos que eles mesmos ocasionaran. A nova edificación é un cuadrilátero con catro torres, sendo a do homenaxe de pranta octogonal.

A Idade Media

A familia dos Andrade domina a comarca. Tamén os mosteiros terán unha importante presenza.

Os primeiros documentos que fan referencia a Vilalba, según o historiador Manuel Mato Vizoso, datan do século VI. Aparece baixo a denominación de Santa María de Montenegro. Era unha vila con muralla e castelo, baixo a protección da familia Montenegro. Esta familia nobre tiña un pazo nas aforas da vila.

   No século VIII, Santa María de Montenegro, sufriu un incendio que a deixou totalmente devastada.

CASTELO DOS ANDRADE

  Grabado que representa a Vilalba do século XVII coa fortaleza dos Andrade . O seu aspecto non dista moito da descripción de dez séculos antes.

A ROMANIZACIÓN

Neste periodo a maioría dos castros seguen a estar habitados. A continuidade da cultura castrexa parece indiscutible, pero xorden novos elementos froito da conquista e dominación romana.

A IDADE DO FERRO

Deste periodo temos unha abondosa mostra de castros

O Megalitismo

  Do periodo megalítico tamén hai abondosas mostras na comarca, ao igual ca no resto de Galicia

O Paleolítico

Temos constancia de presenza humana dende as fases finais do Paleleolítico. O achádego de instrumentos líticos non pulimentados así nolo confirma. Concretamente podemos falar de elementos que se poden catalogar como picos asturicenses.

« Anotacións máis recentes - Older Posts »